Ya puede bajar el cielo a ras de suelo,
llenarse de un solo intento mi bolsillo,
nuevos retos y nuevos consuelos,
nuevos amigos sin descuidar los viejos.
Una semana después, mi recuerdo a uno de los músicos destacados de este país en los últimos 30 años. Esta canción es pura poesía...
Donde nos llevó la imaginación, donde con los ojos cerrados se divisan infinitos campos. donde se creó la primera luz junto a la semilla de cielo azul volveré a ese lugar donde nací. De sol, espiga y deseo son sus manos en mi pelo, de nieve, huracán y abismos, el sitio de mi recreo. Viento que a su murmullo parece hablar mueve el mundo con gracia, la ves bailar y con él, el escenario de mi hogar. Mar, bandeja de plata, mar infernal es su temperamento natural, poco o nada cuesta ser uno más. De sol, espeiga y deseo... Silencio, brisa y cordura dan aliento a mi locura, hay nieve, hay fuego, hay deseo, ahí donde me recreo.
Levo tempo con gana de comentar o meu punto de vista con respecto a este delicado tema, básicamente o meu punto de vista está na defensa do galego como lingua propia de Galicia. A miña postura baséase sobre todo pola necesidade que sinto de recuperar un terreo que xa fai moitos anos lle quitaron ó galego, durante as épocas nas que meus pais e meus avós non podían estudiar nin oficializar nada na súa lingua, na verba que levaban utilizando toda a súa vida, polas imposicións que recibían do goberno.
Podo decir que as circunstancias desencadean a miña forma de pensar. Síntome tradicionalista e galeguista, mais non nacionalista, e creo que debemos consevar ó máximo unha cultura e unha historia que levamos facendo propia dende tempos moi lonxanos, e esa cultura escríbese en galego (¡nunca en lusista!).
Sen embargo a miña postura non é para nada radical, escribo e canto en castelán diariamente, creo que son bilinguista e síntome orgulloso de selo, para min o castelán tamén é unha lingua oficial e tamén a considero a miña lingua. Con tódalas letras. Por iso penso que debemos convivir sen problemas entre todos, sen nungún tipo de imposicións, e isto vai tamén por algunhas modificación que o BNG implantou durante estes anos, non é tan complicado que que se poida falar galego en toda Galicia e que tamén se poida falar castelán; simplemente temos que respetarnos entre todos.
Agora que remato de escribir e sinto que non conseguín explicarme con claridade, de todos modos moitos xa sabedes que o meu punto de vista non é nada extremo e que solo busco poñer o meu gran de area na consevación dunha cultura que disfruto e que me encanta.
Bo finde a todos.
NOTA: Tiven que sacar a foto anterior á edeción debido a que me comentaron que había posibilidades de que foran os propios contramanifestantes quenes levaran eses carteis e eses disfraces, e tampouco quero faltar á verdade.
Unha tempada atrás, de casualidade, Andrés Goteira quíxome demostrar que a nova cámara de GaitaFilmes grababa ben o audio e xurdiu nese intre a idea de grabar unha canción que eu andaba tocando, puxose mans á obra e ó final da noite rematamos grabando planos na plaza de Meira, e logo na serra, e despois mais planos con Ana García... e finalmente acaboume producindo un videoclip da canción en directo da canción "Barrabás", aquí vos mostro o videoclip.
Despois disto, deume por amañar a canción un pouco e metinlle uns arreglos de guitarra e o meu compañeiro Iago uns arreglos de cordas co teclado e así quedou a nova versión, podedela escoitar no myspace, espero que vos gusten.
Bueno, esta ponte non foi demasiado útil, levo enfermo dende o mércores, e notablemente mal dende o xoves á noite, o venres case 40 de febre!!, e agora vou mellor gracias ós antibióticos pero ainda non estou sano. De todos modos pido que ninguén faga o chiste: ¿e logo, non será gripe porcina desa ou? Vou cheo de escoitalo jeje!
Pois iso, que mentres non me recupere non esribo (serán un par de días, espero), pero sí me gustaría destacar o concertazo e o carisma de Marwan, as tablas que Cesar de Centi (con nervios e todo) colleu no escenario e a grata sorpresa de Andrés Suárez, no concerto do Paraninfo do xoves pasado.
Xa colgarei algunha foto, teño varias que estan ben, a pena e que todas nas que estaba Mou creo que sairon borrosas, non sei seguro porque que a cámara non era miña e aínda non as teño.
Email: sunsury_hds@hotmail.com Estudiante de Ingeniería Industrial en la Escuela Politécnica Superior de Ferrol. Aficionado a la música, el deporte, el cine, la poesía...