11/7/08

En un calendario religioso de cuyo nombre no logro acordarme...

11/7/08 4
Estos datos que tanto me hicieron meditar, y que supongo reales -en la medida de lo medible-, están sacados de un calendario religioso que tienen mis abuelos, y que detrás de la página de cada día cuenta a veces cosas muy interesantes.

Gastos mundiales:

El planeta invierte anualmente en miles de millones de dólares:

-En educación para todos: 6

-En consumo de cosméticos (sólo EEUU): 8

-En agua y sanidad para todos: 9

-En consumo de helados (sólo en Europa): 11

-En atención ginecológica para todas las mujeres: 12

-En perfumes (sólo en Europa y EEUU): 12

-En necesidades básicas nutricionales y sanitarias: 13

-En alimentos para animales (sólo en Europa y EEUU): 17

-En cigarrillos (sólo en Europa): 50

-En bebidas alcohólicas (sólo en Europa): 105

-En estupefacientes: 400

-En publicidad: 400

-En gastos militares: 780

¿Cuánto costaría el acceso universal a una alimentación adecuada junto con el agua potable, las infraestructuras sanitarias y la educación básica?

Al final del siglo XX se calculó en torno a 40.000 millones de dólares.


Conclusión: la solución estaría en nuestras manos, lo más complicado es querer hacerlo.

2/7/08

Fuxan os ventos - Sementeira

2/7/08 2
Espero que agora en verán e despois de facer un bo curso teña tempo pra ir escribindo varias críticas de discos moi importantes pra min; polo menos hoxe vou intentar facelo, o disco escollido é Sementeira de Fuxan os Ventos, no disco que eu teño aparece que foi gravado en 1978, ainda que noutros sitios aparece en 1979, non ten importancia, tampouco ten importancia que este cuarto disco, comenzaron en 1972, fose o mais importante mediáticamente, o que verdadeiramente importa é o sentimento que inunda tódalas cancións, a fermosura dos arreglos, as voces, os coros, as letras... o risco tomado.

O disco é unha mistura de temas populares adaptados e de composicións propias, de musica celta ou folk, achegada o mais posible á tradición galega, unha delicia duns rapaces lucenses ou afincados en Lugo, o que o fai ainda mais cercano.

A primeira canción é un himno popular de todos coñecido, e que da nome ó disco, "Sementeira", quizais por ser mais coñecida perda o seu sino pero trátase de algo que xa quedará por sempre na cultura popular, unha canción que supera perfectamente o paso do tempo, que na súa figura inxenua de nenos,vellos e cantares agocha, dunha maneira sutil entre voces perfectamente conxugadas, os primeiros golpes de canción protesta e galeguista que está en todo o disco.

"Cantiga de amigo" e unha adaptación moi fermosa dunha cantiga de Xoan de Requeixo do século XIII, un tema moi melancólico e na que a amizade é o mais importante, preciosos os arranxos de vento. Non teño datos pero seguro que foron dos primeiros en adaptar unha canción de hai tanto tempo.

"Foliada das olas" e un tema totalmente popular e tradicionalista (ai lalelo ai lalala), de temática costumista, unha canción curta cunha percusión que me encanta e unha cunchas soando por detras que fan que esboces un sorriso de ledicia, porque é un tema moi alegre.


A cuarta canción trátase dunha adaptación dunha cantiga de "o tío Marcos da Portela" de primeiros do século XX, titulada "Cantar de cego II", fundaméntase en zanfona e nunha suscesión de golpes contra todas as inxustizas do momento, que cadraban perfectamente coa sociedade galega da transición, coa de agora e seguramente coa do futuro: "o leite que nos mal pagan e venden a 35, e por riba a democracia que hasta agora é un conto chino, as contribucións que botan ó noso lombo os políticos, as xogadas dos alcaldes, que son xogadas de pillos..."

A esta non lle vou poñer título vou poñer unha estrofa, trátase do outro himno por todos coñecido deste disco: "A saia da Carolina ten un lagarto pintado, cando a Carolina baila o lagarto dalle o rabo, ¿bailaches Carolina? -Bailei si señor -Dime con quen bailaches -Bailei co meu amor...". Fala da vida de Carolina, semella que non critica nada, que é unha canción sinxela e simplemente festiva, pero mais aló de todo iso fala de alguén que pra daquela (falamos dunha letra popular de sabe Dios cando) non quería ser coma todos e buscaba dereitos e lóxica, nunha sociedade castrada mentalmente.

"Cantiga pra unha antroirada" trátase dunha dura crítica, dunha canción revolucionaria, nacionalista; fermosísima na sua estructura, nos arranxos, na letra, ademais é unha mestura dunha letra popular e dunha composición propia. Esta canción (xunto con algunha mais deste disco) ponme a pel de galiña, e convértenme en nacionalista por momentos.

Imos "xa" pola canción sete: "Muller", quizais é a miña preferida, outra canción protesta, que fala da emigración que sufrimos durante moitos anos e que tanto nos marcou e doeu, inclúe unha estrofa de Castelao chea de senteminto, pero non vaiades pensar que soamente me gusta esta canción pola sua temática, musicalmente tamén, e moito, sobre todo os cambios que ten, que evitan a monotonidade, e polas voces, que son preciosas e nótase que sinten o que estan cantado, ¡chapeau!.

Como sempre me paso de longo vou intentar rematar este disco un pouco mais rápido:

"Pandereitada", é unha adaptación popular, baseada no seu propio título: unha pandereitada, aderezada con algunhas das frases mais inxeniosas dentro da temática protesta deste disco.

"Melra melriña" e unha composición propia, fermosa música (¡que ben queda esa frauta!) e fermosa letra, melancolía pura, unha fábula de amor galega.

"Alalás", como toda a segunda parte do disco tratase dunha canción chea de galeguidade, de nacionalismo, na que cantan á xustiza para os pobres e os emigrados.

A penultima canción: "Muiñada", e unha simpática historia popular galega, ten ese toque tradicional, unha canción redonda coma case tódalas cancións deste disco.

A última canción, outra composición propia, incide de novo nunha temática nacionalista, na que se postulan todos como galeguistas; "Cara a liberdade" baséase musicalmente nunha base moi potente de percusión e nuns cánticos a coro moi inspirados, con uns fermosos arranxos de corda.

En definitiva, para min "Sementeira" é unha continua sucesión de pequenas delicatessen, de música galega 100% , de tradición e de cultura, quizais para algúns demasiado extrema, quizais demasiado incondicional, pero decatándose do tremendo gusto poético e musical con que o fan, e do respeto co que falan... a min so me quedan gañas de aplaudir.

1/7/08

Asociación Cultural M de Meira

1/7/08 2
Sen dúbida, que en Meira se creara unha asociación cutural (M de Meira) é un acontecemento que non se pode deixar pasar, e entre todos, entre toda a vila, temos que facer o posible para que siga adiante e os seús creadores non desanimen.

Asique dende aquí, para calquer lector meirego interesado deixo o enlace (xa quedará pra sempre nos enlaces xerais) para que fagades unha visita e vos animedes a botar unha man, facervos socios, colaborar ou participar nas actividades.

www.mdemeira.org

O que teñen programado facer a finais de Xullo e principios de Agosto ten moi boa pinta: Un campamento urbán para os mais pequenos, se queredes mais información, pulsade no enlace, seguro que os vosos cativos o pasarán moi ben.

Saudos.

PD: Puidemos!!!!
 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles