29/11/10

A Porta nos Cines Duplex de Ferrol

29/11/10 2
Hola a todos.


Este mércores día 1 de decembro ás 20:30 proxéctase "A PORTA" nos Cines Duplex de Ferrol. ¡Entrada Gratuita!

A curtametraxe acompañará á pelicula "EL INCREIBLE HOMBRE MENGUANTE" que proxectará en versión orixinal, e englóbase dentro do ciclo Outono de Cine que se está levando a cabo tódolos mércores nos Duplex. Eu non vin a película nunca pero ten moi boa pinta, un traballo de Jack Arnold de 1957 na que un home que ten que aprender a sobrelevar os problemas que lle acontecen ó reducirse o seu peso e tamaño, un filme de serie B "para reflexionar sobre el sentido de la existencia" (Miguel Ángel Palomo: Diario El País). Isto promete.



Estades todos invitados a vir e pasar un bo anaco vendo una boa peli e de paso unha das nosas últimas curtas. E antes de que me esqueza, gracias a Pablo Porteiro por lembrarse de nós para estos ciclos de cine e ánimo para seguir adiante con eles. Para quen non poida ir e non vise a curta sabedes que está á vosa disposición en http://www.gaitafilmes.com/.


---------------------------------

Ademais, cambiando de tercio, estamos moi contentos xa que onte foi a entrega de premios do concurso Lugo10 para promoción da muralla, de Lugo e da provincia e por fortuna e bo traballo de Andres Goteira, a curta "DOUS/DÍAS/DICEN" de GaitaFilmes resultou gañadora. Felicidades a Andrés, Laura, Natalia, Miguel, Roberto, Adri, López, Pepe... e a todos os que colaboraron na causa. Ah! e noraboa tamén a David Taboada premiado na sección de cancións do mesmo concurso.


Noticia en El Progreso

25/11/10

Dous/días/dicen

25/11/10 2
Estrea universal da nova curta de GaitaFilmes, dirixida por Andrés Goteira e protagonizada por Natalia Vega, Miguel Freire e Roberto Bartolome, feita ex profeso para o concurso Lugo10, pero agora tamén para ti!!


¿como se chama o choio este? Dous/días/dicen

¿onde a estrean? en www.gaitafilmes.com

¿cando a podo ver? A partires do domingo 28


Xa sabes, non o dubides, estás invitado a pásarte pola alfombra vermella de GF para ver esta historia de amor sen contemplacións e de paso podes pedirte unha tapa na web.


O domingo 28 ----->>> Dous/días/dicen ------>>>> en www.gaitafilmes.com


Graciñas!

5/11/10

Gaitafilmes

5/11/10 2

Son xa máis de 6 anos intentando facer un oco neste mundo facendo as cousas á nosa maneira, dende a periferia, dende abaixo e con unha máxima: a humildade.

Agora estreamos nova web, totalmente remodelada, entra e compróbao... as curtas, os clips, novas e a nova sección onde adquirir produtos de Gaitafilmes para axudarnos a poder comprir un soño: facer unha lungametraxe... un brinco a quen sabe onde... un viaxe de dous anos...

VISITANOS!!!!

www.gaitafilmes.com

2/11/10

Diego Vasallo - Canciones en ruinas

2/11/10 4
Hoy ha salido el nuevo disco de Diego Vasallo, Canciones en ruinas, y mañana voy a por él, no veo el momento de ponerlo a sonar y empaparme de todo lo que recita, ya tengo mi sesión de introversión favorita, la que este espléndido artista me regala en cada albúm, con cada palabra que sale de su boca.

Noticia EFEEME

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles