27/7/09

Sadautor 2009

27/7/09 2
Amigos, gracias ó traballo de Paris Joel o sabado 8 de Agosto na localidade coruñesa de Sada terá lugar a terceira edición do Sadautor, unha xuntanza amistosa dalgúns dos cantautores mais interesantes destes lares, aconsellovos que non deixedes pasar a ocasión de pasar unha preciosa velada ó carón da ondas do mar, nun "recuncho" da praia de Sada.






15/7/09

A Polo Ghit e mais cousas

15/7/09 6
Hola compañeiros, levo un tempo desaparecido, foi un mes complicado, con pouco ánimo, con cero ganas de escribir no blog e con poucas ganas de tocar a guitarra. Polo Medio pasaron ademais duas mudanzas e varias limpezas, e pa colmo non teño unha gran disponibilidade de internet. Pero bueno, un comeza de novo a recuperar os folgos e hai que poñerse a funcionar, a moral xa vai mellor tamén.

Coméntovos que estamos comezando a facer a curta de este ano: "O Paquete", temos un mes e vai ser incansable, pero estou convencido de que o conseguiremos, si así é, o día 16 esperamos poder facer unha presentación en exclusiva no Centro Cultural de Meira, xunto a asocianción cultural M de Meira, con algunha sorpresa incluida.

Por outra banda e xa remato por hoxe, gustaríame pedirvos que vos pasásedes polo A Polo Ghit para escoitar os TripiGrelos que presentamos The Bluesomes ó concurso, se despois de escoitar a canción vos gusta pois podedes darnos un voto. Deixovos o enlace:


http://www.vieiros.com/especiais/apologhit09/index.php?c=ficha&id=75018

Que teñades unha boa semana.
 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles