Mostrando entradas con la etiqueta Andrés Goteira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Andrés Goteira. Mostrar todas las entradas

29/11/10

A Porta nos Cines Duplex de Ferrol

29/11/10 2
Hola a todos.


Este mércores día 1 de decembro ás 20:30 proxéctase "A PORTA" nos Cines Duplex de Ferrol. ¡Entrada Gratuita!

A curtametraxe acompañará á pelicula "EL INCREIBLE HOMBRE MENGUANTE" que proxectará en versión orixinal, e englóbase dentro do ciclo Outono de Cine que se está levando a cabo tódolos mércores nos Duplex. Eu non vin a película nunca pero ten moi boa pinta, un traballo de Jack Arnold de 1957 na que un home que ten que aprender a sobrelevar os problemas que lle acontecen ó reducirse o seu peso e tamaño, un filme de serie B "para reflexionar sobre el sentido de la existencia" (Miguel Ángel Palomo: Diario El País). Isto promete.



Estades todos invitados a vir e pasar un bo anaco vendo una boa peli e de paso unha das nosas últimas curtas. E antes de que me esqueza, gracias a Pablo Porteiro por lembrarse de nós para estos ciclos de cine e ánimo para seguir adiante con eles. Para quen non poida ir e non vise a curta sabedes que está á vosa disposición en http://www.gaitafilmes.com/.


---------------------------------

Ademais, cambiando de tercio, estamos moi contentos xa que onte foi a entrega de premios do concurso Lugo10 para promoción da muralla, de Lugo e da provincia e por fortuna e bo traballo de Andres Goteira, a curta "DOUS/DÍAS/DICEN" de GaitaFilmes resultou gañadora. Felicidades a Andrés, Laura, Natalia, Miguel, Roberto, Adri, López, Pepe... e a todos os que colaboraron na causa. Ah! e noraboa tamén a David Taboada premiado na sección de cancións do mesmo concurso.


Noticia en El Progreso

25/11/10

Dous/días/dicen

25/11/10 2
Estrea universal da nova curta de GaitaFilmes, dirixida por Andrés Goteira e protagonizada por Natalia Vega, Miguel Freire e Roberto Bartolome, feita ex profeso para o concurso Lugo10, pero agora tamén para ti!!


¿como se chama o choio este? Dous/días/dicen

¿onde a estrean? en www.gaitafilmes.com

¿cando a podo ver? A partires do domingo 28


Xa sabes, non o dubides, estás invitado a pásarte pola alfombra vermella de GF para ver esta historia de amor sen contemplacións e de paso podes pedirte unha tapa na web.


O domingo 28 ----->>> Dous/días/dicen ------>>>> en www.gaitafilmes.com


Graciñas!

5/11/10

Gaitafilmes

5/11/10 2

Son xa máis de 6 anos intentando facer un oco neste mundo facendo as cousas á nosa maneira, dende a periferia, dende abaixo e con unha máxima: a humildade.

Agora estreamos nova web, totalmente remodelada, entra e compróbao... as curtas, os clips, novas e a nova sección onde adquirir produtos de Gaitafilmes para axudarnos a poder comprir un soño: facer unha lungametraxe... un brinco a quen sabe onde... un viaxe de dous anos...

VISITANOS!!!!

www.gaitafilmes.com

11/9/10

Extras GaitaFilmes

11/9/10 0
Pois estes son algúns dos contidos extra que metimos na proxección M de Cine, unha parte das entrevistas á xente do pobo "A Mala Noticia" e tamén a primeira intervención dos presentadores/nubes con chiste incluido... en pouco tempo veremos se é factible ofrecer ainda algo máis, pero todo se andará.



7/9/10

Son do silencio

7/9/10 0
Despois de colgar en youtube a primeira parte das entrevestas do M de Cine correspondente á sección "A mala noticia", acábase de subir ó mundo virtual a primeira curtametraxe-experimento deste 2o10 de GaitaFilmes. Unha curta con grandes planos e fotografía, claras evocacións e un gran surtido suxerencias ó espectador, foi presentada no propio M de Cine en Meira niguén mellor que o propio Goteira para definila, esperamos que vos guste:


"Curta experimental grabada en terras de Meira con xente de Meira. Esta curta nace co simple feito de experimentar cousas novas e facer probas coa nova cámara adquirida ( CANON 550D ). Curta basada radicalmente en cousas do director DAVID LYNCH, chegando incluso a copiar algún dos seus detalles que no seu día me encandilaron."

"SON DO SILENCIO" - ANDRES GOTEIRA from Andres Goteira on Vimeo.

5/9/10

Un verán GaitaFilmes

5/9/10 2
Pois si, despois de unha fascinante experiencia de 10 meses de estudiante Erasmus en Genova, na provincia italiana da pasta ó pesto e da focaccia, chégase de novo a Galicia (hai un mes e medio) e síntome con ganas e forza para seguir adiante con proxectos persoais e grupais que consiguen que teña un formigueo na barriga.

Este verán, ó pouco de chegar, GaitaFilmes gravamos en Ribadeo, na seccion A Toda Mecha pertencente ó OFestivalON, a curtametraxe A Porta, con tan boa fortuna que resultamos premiados e ademais vivimos unha experiencia fantástica rodeados de un gran ambiente coa xente da organizacion e o resto dos participantes. A repetir para o ano próximo. Réstame dicir que A Porta esta escrita e dirixida pola alma mater de GF, Andrés Goteira, producida por Ana García, Laura Doval e Suso López, tamén tivemos a enorme fortuna de poder contar coa presencia da actriz galega Pilar Pereira que fixo que a curta acadase un puntiño máis.

Prensa:
http://ofestivalon.com/es/archives/617
http://elprogreso.galiciae.com/pdf_files/03082010vivir_2.pdf
http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2010/08/02/0003_8644781.htm
http://www.cineytele.com/noticia.php?nid=30698
http://www.festivaleo.com/?p=1570

Unhas semanas mais tarde chegaba o momento de preparar a proxección M de Cine (velaquí o video publicitario: http://www.youtube.com/watch?v=l90B4bFqY5I ) e GaitaFilmes e a asociación cultural M de Meira superamos infinidade de problemas ata conseguir facer realidade unha fermosa terceira edición ó aire libre que será recordada pola gran afluencia de público (mais de 200 persoas) e polas boas vibracións que tivemos todos esa noite. Penso que tamén será recordada coma a edición na que o día antes roubaron a gran lona-pantalla de proxección de 70m2 que M de Meira mercara para a ocasión e que non puidemos disfrutar.


Estamos pensando en facer una sorpresa para dentro dun tempiño relacionada con esta terceira edición de M de Cine, na que se proxectaron curtas de GaitaFilmes, Gang films e outros realizadores galegos, todo de forma desinteresada... pero xa informaremos cando sexa oportuno.

Deixovos tamén unha entrevista realizada a Andrés Goteira en O Progreso:

http://elprogreso.galiciae.com/pdf_files/17082010terracha_2.pdf

Hai un pouco acabo de enterarme ademais que A Porta será presentada posiblemente en Ferrol (cando teña mais datos xa o farei saber) e tamén en A Coruña por cortesía de Mr Misto Films e xunto con outras curtas, será na Plaza de Azcarraga o venres 17 de setembro a partires das 22h. Correspondendo ó ciclo de curtametraxes Cine 10, mentras nós nos sentímos encantados e afortunados de compartir cartel con curtas nacionais e internacionais de tanto nivel, invitamos ós amigos coruñeses a pasarse polas proxeccións.

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/08/31/plaza-azcarraga-vuelve-recibir-festival-cortos-cine/415309.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/08/30/galicia/1283188285.html

---------------------------------------------------------------------

Así funciona o leit motiv dun mesmo, tratando de non estarse quieto, así como despois do verán e co comezo do curso outras motivacións fan que a barriga siga a dar tumbos, pode tratarse de reflotar Bluesomes e Pistolas, de encamiñar o proxecto poético-gráfico, de continuar adiante coa aventura GaitaFilmes, de bicicletas, cancións...

Que teñades todos unha boa semana

6/5/10

Gaita Filmes desperezase cedo en 2010

6/5/10 3
Hola a todos,

O traballo de Gaita Filmes encabezado na persoa de Andrés Goteira comeza a desperezarse neste 2010, pricipalmente debido a unha primeira curta ou experimento (primeira parte dunha posible triloxía lúdico-mística) que esta sendo grabada estos días pola comarca de Meira...






Tamén nos últimos tempos vimos de participar no Festival de Cortos de Sada, no que nos contentamos con ser seleccionados, coa produccion do ano pasado "O Paquete". E estamos traballando igualmente nas opcións de participar en outros concursos e mostras.

De onde queira que sexa sempre procuramos coller unha pouca mais de ilusión e uns poucos folgos, porque todo isto faise dende dentro, dende a suor... esa é a semente do noso traballo, de cada un dos que formamos parte destre proxecto e de cada un dos que en cada momento concreto, nos bota, nos botou e nos botará unha man.

Podedes estar ó tanto das grabacions e do día a día de GaitaFilmes en Facebook...

E non dudes en visitar a nosa web: www.gaitafilmes.com para saber mais sobre nós...

Bo fin de semana a todos!!


 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles ►