27/9/10

El precio de las palabras

27/9/10 0

Escribía mis recuerdos
en las hojas de un cuaderno,
dudas que me perturbaban
en líneas de tinta muda.

Escribía mis rencores,
mis desdichas, mis amores,
lo que quise convencer
y lo que dejé de bueno.

En mis momentos dulces
junto a las frías nieves,
con el gris de cada invierno,
entre mieles y veneno.

Con los colmillos afilados
de la vieja inspiración,
deshonré mis honorarios
y adelanté mi perdición.

Vendí mi alma al diablo
por palabras con pasión,
por las mieles que probara
mi paladar de catador.

Ahora tengo el alma abierta,
partida en dos por la mitad,
sigo anclado a una cuneta
e igual que ayer he de llorar.

Hoy es noche, siempre eterna,
y el puñal de mi canción,
en el mercado de los sueños
sigue pagando tres por dos.

11/9/10

Extras GaitaFilmes

11/9/10 0
Pois estes son algúns dos contidos extra que metimos na proxección M de Cine, unha parte das entrevistas á xente do pobo "A Mala Noticia" e tamén a primeira intervención dos presentadores/nubes con chiste incluido... en pouco tempo veremos se é factible ofrecer ainda algo máis, pero todo se andará.



7/9/10

Son do silencio

7/9/10 0
Despois de colgar en youtube a primeira parte das entrevestas do M de Cine correspondente á sección "A mala noticia", acábase de subir ó mundo virtual a primeira curtametraxe-experimento deste 2o10 de GaitaFilmes. Unha curta con grandes planos e fotografía, claras evocacións e un gran surtido suxerencias ó espectador, foi presentada no propio M de Cine en Meira niguén mellor que o propio Goteira para definila, esperamos que vos guste:


"Curta experimental grabada en terras de Meira con xente de Meira. Esta curta nace co simple feito de experimentar cousas novas e facer probas coa nova cámara adquirida ( CANON 550D ). Curta basada radicalmente en cousas do director DAVID LYNCH, chegando incluso a copiar algún dos seus detalles que no seu día me encandilaron."

"SON DO SILENCIO" - ANDRES GOTEIRA from Andres Goteira on Vimeo.

5/9/10

Un verán GaitaFilmes

5/9/10 2
Pois si, despois de unha fascinante experiencia de 10 meses de estudiante Erasmus en Genova, na provincia italiana da pasta ó pesto e da focaccia, chégase de novo a Galicia (hai un mes e medio) e síntome con ganas e forza para seguir adiante con proxectos persoais e grupais que consiguen que teña un formigueo na barriga.

Este verán, ó pouco de chegar, GaitaFilmes gravamos en Ribadeo, na seccion A Toda Mecha pertencente ó OFestivalON, a curtametraxe A Porta, con tan boa fortuna que resultamos premiados e ademais vivimos unha experiencia fantástica rodeados de un gran ambiente coa xente da organizacion e o resto dos participantes. A repetir para o ano próximo. Réstame dicir que A Porta esta escrita e dirixida pola alma mater de GF, Andrés Goteira, producida por Ana García, Laura Doval e Suso López, tamén tivemos a enorme fortuna de poder contar coa presencia da actriz galega Pilar Pereira que fixo que a curta acadase un puntiño máis.

Prensa:
http://ofestivalon.com/es/archives/617
http://elprogreso.galiciae.com/pdf_files/03082010vivir_2.pdf
http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2010/08/02/0003_8644781.htm
http://www.cineytele.com/noticia.php?nid=30698
http://www.festivaleo.com/?p=1570

Unhas semanas mais tarde chegaba o momento de preparar a proxección M de Cine (velaquí o video publicitario: http://www.youtube.com/watch?v=l90B4bFqY5I ) e GaitaFilmes e a asociación cultural M de Meira superamos infinidade de problemas ata conseguir facer realidade unha fermosa terceira edición ó aire libre que será recordada pola gran afluencia de público (mais de 200 persoas) e polas boas vibracións que tivemos todos esa noite. Penso que tamén será recordada coma a edición na que o día antes roubaron a gran lona-pantalla de proxección de 70m2 que M de Meira mercara para a ocasión e que non puidemos disfrutar.


Estamos pensando en facer una sorpresa para dentro dun tempiño relacionada con esta terceira edición de M de Cine, na que se proxectaron curtas de GaitaFilmes, Gang films e outros realizadores galegos, todo de forma desinteresada... pero xa informaremos cando sexa oportuno.

Deixovos tamén unha entrevista realizada a Andrés Goteira en O Progreso:

http://elprogreso.galiciae.com/pdf_files/17082010terracha_2.pdf

Hai un pouco acabo de enterarme ademais que A Porta será presentada posiblemente en Ferrol (cando teña mais datos xa o farei saber) e tamén en A Coruña por cortesía de Mr Misto Films e xunto con outras curtas, será na Plaza de Azcarraga o venres 17 de setembro a partires das 22h. Correspondendo ó ciclo de curtametraxes Cine 10, mentras nós nos sentímos encantados e afortunados de compartir cartel con curtas nacionais e internacionais de tanto nivel, invitamos ós amigos coruñeses a pasarse polas proxeccións.

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2010/08/31/plaza-azcarraga-vuelve-recibir-festival-cortos-cine/415309.html

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/08/30/galicia/1283188285.html

---------------------------------------------------------------------

Así funciona o leit motiv dun mesmo, tratando de non estarse quieto, así como despois do verán e co comezo do curso outras motivacións fan que a barriga siga a dar tumbos, pode tratarse de reflotar Bluesomes e Pistolas, de encamiñar o proxecto poético-gráfico, de continuar adiante coa aventura GaitaFilmes, de bicicletas, cancións...

Que teñades todos unha boa semana
 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles