24/3/11

Fin e gracias

24/3/11 3
Ó comezar este 2011 contaba con seguir adiante con esta experiencia de ter un blog e escribir nel pero ó ver pasar os meses dinme conta que o remate do 2010 xa marcara por si mesmo o final desta aventura.


Despois de escribir durante uns catro anos doume por satisfeito e penso que se trata dun bo momento de parar e despedirme do Xardín, agora mesmo non sinto que teña nada especial que contar, polo menos nada nun blog personal, non penso que teña tal interese.

Botando a vista atrás vexo como determinados proxectos coninúan sós (www.gaitafilmes.com, ccmeira.blogspot.com), outros están esperando non caer no esquecemento de quen os forman ou continuan lentamente pero sen pausa dándose forma, e outros tantos simplemente rematan sendo solo proxectos, e ilusións houbera sempre! Sen presa, sen prosa e sen pausa, é o momento de deixar correr o mundo, un mundo demasiado veloz pra ter que perseguilo.

Durante todo este tempo estiven encantado con este blog, pero tamén o tempo (o pouco tempo) fixo que non puidera tampouco escribir con máis asiduidade e rigurosidade, e agora que me vexo forzado para escribir debería deixar de lado outras cousas que me ocupan ou facelas a medias e non penso deixar que iso ocorra, porque hai cousas que un tamén foi aprendendo cos anos. Dende aquí vos dou as gracias a todos os que algunha vez vos pasastedes por este recuncho e vos desexo moita sorte na gran rede e en todo o que vos rodea, de seguro que nos seguiremos vendo, nas rúas, nos bares, nas cancións, nas curtas ou nos recordos. Isto remata pero de seguro comezarán novas ideas e ilusións coas que nos iremos atopando tempo adiante.

Sexa como queira
rematei a canción,
xa non busco esmola...

¡son un novo son!


-------------

Permitídeme sólo unha última canción:



Que vaia ben compañeiros. Apertas. :)
 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles