Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Bau. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Bau. Mostrar todas las entradas

3/4/10

Carlos Bau

3/4/10 1

Tiña unha débeda pendente con Carlos Bau, un fantástico cantautor coruñés que hai pouco tempo vén de gañar con total merecemento o premio á mellor canción en galego coa composición"Nada". Non é un galardón calquera é, seguramente, o premio mais importante que pode recibir institucionalmente unha cancion na nosa lingua ano tras ano, entregado pola "Academia de las artes y las ciencias de la música".


A verdade é que da un gusto enorme ver que xente sinxela e traballadora, pero artísticamente profunda e aínda por riba amiga consigue ir cumplindo os seus soños. Alegrámonos todos e de paso aprendemos unha gran lección: non se debe desanimar, hai que confiar nun mesmo, no propio traballo e na desbocada pasión.

Felicidades Carlos!

Que vaia todo ben!




PD: Ollo, que tamén ten o verbo fácil diante dun Teatro Calderon cheo de personalidades e grandes artistas.

29/5/09

Concertos

29/5/09 3
Bueno antes de nada, e xa que imos falar de concertos, decir que onte fun ó concerto de Balakandra, un grupo de San Sadurniño no que toca o baixo o meu amigo Dubi (un Bluesome), é un grupo que mestura moita música, partindo de sons tradicionais galegos e de folk, ainda que por momentos semella que os van buscar á América mais profunda integrando toques de country ou jazzeros, cancións rocanroleras... outras cancións melódicas... foi un grato concerto, moi bo musicalmente, pese a que o sonido non era o máis óptimo. Balakandra naceu como un brote de Saraibas un grupo tradicional e protesta de San Sadurniño que é mítico en toda Galicia dende fai trinta anos, nembargantes é unha cousa distinta, unha banda moi especial formada por rapaces novos e xente mais experimentada que logran deixar impresión ser un grupo compacto, virtuoso e novedoso dentro do folk. Vaia, que se tedes a ocasión de velos non a deixedes pasar.

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Imos ó tema dos concertos do fin de semana:

David Taboada (en formato de trio acústico) en Ferrol, no Pub Carteles o sábado ás 23:30h.

Carlos Bau acompañado de Jose Luis Paz dentro do festival Anduriña de Sada, xunto con moitos musicos mais. Festival: sábado a partir das 16h, Bau ás 19h.

Roberto Sobrado no Café Carlos a partir das 0:00 h. Sábado no Carballiño.

Bo finde a todos!!

28/4/09

Concertos para este Xoves

28/4/09 2
Concertos por aquí cerquiña que non debedes perdervos, todos para este Xoves 30 de Abril, quen avisa non é traidor:

- No Paraninfo da Universidade da Coruña, ás 20:00h, MARWAN presenta o seu disco "Trapecista", teloneado por CESAR DE CENTI. Entrada Libre.


- Tamén na Coruña, neste caso na Fnac ás 19:30h, actúa CARLOS BAU preséntándonos a reedición do disco "Tiempo al tiempo". Entrada gratuita.


- En Santiago de Compostela na Sala Capitol, ROBERTO SOBRADO participa na final do Certame música Xove'09, el ás 22:30h (Antes tocan outros, todo comeza ás 20:00h). Entrada libre ata encher o aforo.


 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles ►