Este mércores día 1 de decembro ás 20:30 proxéctase "A PORTA" nos Cines Duplex de Ferrol. ¡Entrada Gratuita!
A curtametraxe acompañará á pelicula "EL INCREIBLE HOMBRE MENGUANTE" que proxectará en versión orixinal, e englóbase dentro do ciclo Outono de Cine que se está levando a cabo tódolos mércores nos Duplex. Eu non vin a película nunca pero ten moi boa pinta, un traballo de Jack Arnold de 1957 na que un home que ten que aprender a sobrelevar os problemas que lle acontecen ó reducirse o seu peso e tamaño, un filme de serie B "para reflexionar sobre el sentido de la existencia" (Miguel Ángel Palomo: Diario El País). Isto promete.

Estades todos invitados a vir e pasar un bo anaco vendo una boa peli e de paso unha das nosas últimas curtas. E antes de que me esqueza, gracias a Pablo Porteiro por lembrarse de nós para estos ciclos de cine e ánimo para seguir adiante con eles. Para quen non poida ir e non vise a curta sabedes que está á vosa disposición en http://www.gaitafilmes.com/.
---------------------------------
Ademais, cambiando de tercio, estamos moi contentos xa que onte foi a entrega de premios do concurso Lugo10 para promoción da muralla, de Lugo e da provincia e por fortuna e bo traballo de Andres Goteira, a curta "DOUS/DÍAS/DICEN" de GaitaFilmes resultou gañadora. Felicidades a Andrés, Laura, Natalia, Miguel, Roberto, Adri, López, Pepe... e a todos os que colaboraron na causa. Ah! e noraboa tamén a David Taboada premiado na sección de cancións do mesmo concurso.
Noticia en El Progreso