7/1/08

Meira

7/1/08


Estamos enclavados xunto á Ribeira,

e polo outro lado somos da Terra Chá.

Temos moita historia, tamén temos feira

pero pra mantela hai que traballar.


Somosche parroquia desas de moita sona,

onde nace o Miño, capital de comarca;

ademais de instituto e de dúas farmacias,

temos un mosteiro, ¡que non encolla o peito!


E se xea e non chove,

pasaremos frío onde menos doe,

detrás da cociña, xunto ó lume novo,

entre meigas e trasnos, coma no antroido.


Mellores ou peores, dende Don Federico,

pasando por Chendo e agora con Toñito,

se de algo presumimos foi de nacionalismo,

asi que non te rindas e berra con brío:


Tódalas estrelas que se ven de noite,

acolá na serra ou enriba no monte.

Sonche mais femosas que tódalas luces,

que hai nos “madriles” ou en Barcelona.


6 comentarios:

eFe

o himno de Meira ou que?

aiss volta a rutina susiño

vémonos polo campus


bicos

Aitor Lourido

Por supuesto, amigo mío, discrepo profundamente con las dos últimas estrofas fundamentalmente.

Ojalá se vieran estrellas en Meira, pocas veces se goza allí de un buen cielo. ¿Alguna vez has estado en el mes de agosto en la meseta profunda y en un lugar sin luces artificiales? Te recomiendo la experiencia. Prueba y luego me cuentas qué es un cielo estrellado, jejeje.

Aunque entiendo que en un poema te tomes licencias... no creo que de Meira puedan salir grandes astrónomos. Cuando quiten las nubes, ya veremos.

Abrazos.

Suso López

Xa supoñia un pouco de discrepancia, jejeje, pero todo ten o seu por qué, dende logo si o ceo non está despexado non se ven as estrelas e se miras dende a plaza do medio pois tampouco, e claro que non será o mellor sitio pra velas.

Mais cando escribo un poema (ou semellante) moitas das cousas non son tal cual, por exemplo cando digo nacionalismo non me refiro a independencia nin nada semellante, de feito ainda falta por gobernar en Meira un partido nacionalista, so quero decir que con todos os fallos que puidesen ter, e cada quen que teña conta do seu, todos os alcaldes da Vila foron persoas arraigadas que buscaron darlle un caracter forte o noso pobo, simplemente busco un nexo de union entre eles pra defender así as pequenas cousas das que se pode disfrutar en sitios como Meira, nos que non somos todos extraños, onde podemos pasear polo monte como terapia antiestrés, onde os cativos poden xogar na rúa sen ningun perigo, onde ainda hai mais balons e bicicletas que videoconsolas, un sitio contrario o que supón unha gran urbe, no que se atopan outras cousas, que pra min son necesarias.

Sinto que se algun día as cousas non me van como me gutaría vou ter un berce ó que voltar, no que serei alguén con nome apelidos, e onde haberá unha segunda oportunidade esperando.


jejeje vaia toston, e menos mal que solo falabas das estrelas...

unha aperta!

David Taboada

Arriba Meira!!

Por cierto, aprovecho el abuso de confianza para anunciar que, ya que mi página no funciona, he hecho un blog, desde el que, además, podéis ir a la página de toda la vida.

Gracias Suso!

eFe

vexo que coñeces a todos os cantautores que merecen a pena dos arredores
moi ben susiño
e alégrome que ao final entregaras a pesares do office2007

vémonos!

eFe

acordeime de ti onte
estaba facendo un traballo da industria lactea en galicia e nun apartado de feiras de alimentacion teño esto:

MEIRA MOSTRA

Dirección: Recinto Ferial Meira, Meira
Organiza: Asociación de Comerciantes, Empresarios y Autónomos de Meira
Oferta: feria exposición multisectorial
Fecha habitual: mayo
Tlf. 699907910, 630628571


q cousas

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles