

Despois de moito tempo de traballo por parte de Andres Goteira, e un pouco tamen do resto de secuaces que formamos Gaita Filmes, por fin, coincidindo coas festas de Meira, e gracias á asociación M de Meira, presentamos en sociedade, no Centro Sociocultural de Meira, a curtametraxe que nos representara neste ano: "Que lle pasa a Pepe Pistola!!".
A xornada audiovisual que tivemos na vila o 16 de agosto acolleu, do mesmo xeito, a película documental PIC-NIC de Eloy Enciso Cachafeiro, premiada en distintos festivais, así como a reproducción doutra curta de Andrés Goteira, Simón, feita no 2007.
A asistencia de público a ver as proxeccións foi un éxito, estamos moi agradecidos pola acollida que sempre ten entre a xente do pobo este tipo de cousas, sobre todo despois de ver e comprobar como Meira é un sitio demasiado dividido... tamen debemos agradecer os comentarios agarimosos de todo o mundo cando remataron as proxeccións, nótase que alí estaban moitas familias dos que interviñan no asunto e moitos amigos, pero ainda así a xente quedou moi contenta e seguro que se animará a repetir noutra ocasión.
A xornada continuou na cafetería do CSC para todos os invitados e os socios de M de Meira, por medio duns petiscos e de viño galego (a ales gustarialles que fose de portas abertas pero pra unha asociación que non recibe por agora ningun tipo de axuda mais que a pequena cuota dos socios resultou imposible), para dar entrega duns agasallos (feitos en madeira e á man por un artesán da vila) ós directores e botar un anaco, que se alongou en varias horas debido ó bo ambiente e á amena conversa. Esta parte da xornada estivo ambientada polas mezclas do dj local Adrao Eiros, que fixo unha sesion de ambiente relaxado de moi bo gusto.
En fin, un día pra recordar, e un pasiño mais de Andrés Goteira e Gaita Filmes.