27/8/08

Presentacion: "Que lle pasa a Pepe Pistola!!"

27/8/08


Despois de moito tempo de traballo por parte de Andres Goteira, e un pouco tamen do resto de secuaces que formamos Gaita Filmes, por fin, coincidindo coas festas de Meira, e gracias á asociación M de Meira, presentamos en sociedade, no Centro Sociocultural de Meira, a curtametraxe que nos representara neste ano: "Que lle pasa a Pepe Pistola!!".


A xornada audiovisual que tivemos na vila o 16 de agosto acolleu, do mesmo xeito, a película documental PIC-NIC de Eloy Enciso Cachafeiro, premiada en distintos festivais, así como a reproducción doutra curta de Andrés Goteira, Simón, feita no 2007.


A asistencia de público a ver as proxeccións foi un éxito, estamos moi agradecidos pola acollida que sempre ten entre a xente do pobo este tipo de cousas, sobre todo despois de ver e comprobar como Meira é un sitio demasiado dividido... tamen debemos agradecer os comentarios agarimosos de todo o mundo cando remataron as proxeccións, nótase que alí estaban moitas familias dos que interviñan no asunto e moitos amigos, pero ainda así a xente quedou moi contenta e seguro que se animará a repetir noutra ocasión.


A xornada continuou na cafetería do CSC para todos os invitados e os socios de M de Meira, por medio duns petiscos e de viño galego (a ales gustarialles que fose de portas abertas pero pra unha asociación que non recibe por agora ningun tipo de axuda mais que a pequena cuota dos socios resultou imposible), para dar entrega duns agasallos (feitos en madeira e á man por un artesán da vila) ós directores e botar un anaco, que se alongou en varias horas debido ó bo ambiente e á amena conversa. Esta parte da xornada estivo ambientada polas mezclas do dj local Adrao Eiros, que fixo unha sesion de ambiente relaxado de moi bo gusto.



En fin, un día pra recordar, e un pasiño mais de Andrés Goteira e Gaita Filmes.

11 comentarios:

eFe

que ben que saira todo así


pasiño a pasiño
xa se sabe
faise o camiño



por certo, vas ir ver a Ruibal esta noite? avísame que eu quería ir pero non sei q me da ir soa

David Taboada

E o 99% da poboación galega que non somos de Meira... ¿cando o podemos ver?

P.D. A petición dos Bluesomes está sendo tramitada... espérase resposta nun par de semanas...

eFe

ao final fun velo casi por casualidade
cheguei tarde pero estivo ben

e non te equivocaches
estaba alí o de centi que o vin ao final de todo
e non tiña o teu numero para chamarte a tempo
xD

César de Centi

Que razón tienes amigo, ayer mismo al llegar llame a David en plan ... tienes el numero de JeSus... peron lo tenia en casa no en el movil... no creo que tuviera tiempo a caña ya que iba con Pablo y hoy curraba pero disfrutar del concierto contigo si.

Mis disculpas públicas.

Abrazos!

César de Centi

Lo mismo decia yo ... no era mi rollo me costaba pero bueno he de decirte que como siempre y para mejor me sorprende cada vez mas Xoel hasta el punto que te recomindo Reconstrucción... tiene temazos como "Cielo de Madrid" o "Recontración" mismo.

El es un gran músico y eso no hay duda, vamos para mi.

Salu2

Anónimo

Che, ya estoy en la red, todos sabíamos que este día iba a llegar antes o después, jaja, ahora espero un mínimo de participación, a ver que pasa.

Por el corto, espero que avises cuando sean las votaciones, este año vais con tiempo y el corto está chulo, así que a ver que pasa.

Saudos meu.

Carlos Bau

Como va todo Jesús!!!
Espero que muy bien.
Un abrazo grande.

Aitor Lourido

No me queda más que felicitaros, honestamente, por este nuevo éxito. Y el estreno, por lo que veo, en plenas fiestas, ¿no? Eso está bien. No todo van a ser orquestas mediocres para el vermú... Ejem.

Ahora, a seguir produciendo. ¿Porque habrá más, no? Y seguro que cada vez mejores.

Amigables salutaciones.

eFe

cando queiras outra!

q o pasei moi ben contigo


pero para a próxima quero guitarrear

Meirego

Moi boas pintas, seguide así, aljún dia seredes Mtvs

Anónimo

vemos que nos enlazades, na proxima actualizaçom da paxina, faremos o mesmo.
grazas.

Frente de Liberaçom das Terras Meiregas. (Mtv)

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles