Este post está fusilado do blog de GaitaFilmes , non teño moito que engadir, simplemente que foi un pracer coñecer a Paris Joel e Xurxo Mares.

Querían bombardearnos unhas frías gotas de auga cando pisabamos a azul "alfombra roxa" do Teatro Colón de A Coruña.

Impacientes por ver que nos esperaba, apoiamos os nosos trece blandiños cuiños neses reconfortantes sofás de ciertopelo* verde desgastado, xusto nese intre as luces decidiron descansar por uns minutos.
Aos mandos da nave parecían estar uns coñecidos actores da TVG , que comezaron a nombrar personaxes e mais personaxes de
poucos buses urbáns coller. Dedicaronse a dar premios e premios, gustarache ou non era o que había... cando parecía que todo ía rematar tres negros smokins* subiron ao escenario con ese andar que os caracteriza e... alguén dixo:
"o premio do público a mellor curtametraxe e para "Que lle pasa a Pepe pistola!!", entón os trece cuiños parecían estar de súpeto no patio do colexio, non paraban de moverse, -uuuuu- - fiuuu,fiuuu- o cuiño de cor vermello levantouse e subíu ao escenario sen saber casi que decir...

Logo de tanto movemento entrou a fame, papamos uns pinchiños, sacamos unhas fotos e nada... xenial!!!, a celebralo pola Coruña!!!.
Gracias a todos os que deixaron vacios 5 minutos da sua vida para votar por esta humilde factoría.
¿¿Que faremos co premio??
- Pois comprarnos unha cámara de verdade e comezar cos novos proxetos.
Os cuiños : Tania, Manolita, Emilia, Vero, Edu, Otero, Diego, Lidia, Mónica, Ana, Adri, Suso i eu.
Algunhas fotiños mais:



