16/2/10

Algùns poemas que comezan por A

16/2/10
A desaparición da burra

Nin se sabe nin se pregunta
sobre esta historia cotiá:

Pasou que na terra da Xusta,
canda festa de San Xoán,
desapareceu unha burra
deixando ciscado no chan
o rabo e mailas pezuñas.


A estrada no ar

Collín folgos ó lembrar
os soños cos que medrei,
collín impulso e carreira…
collín, se cuadra, demais.

Agora aínda estou no ar
e non sei onde baixarei…
¿será no alto ou na beira?
¿será de fronte ou de pé?


A fame

Levo sede
enriba do peito,
e os chanclos roídos
de tanta fame.

Levo auga nos ósos
e o traballo feito,
coma os meus ancestros,
¡férveme a sangue!


A gran cidade morre


O pobo protéxese
da cidade xigante,
a vila loita
contra toda diócese,
e Deus mediante
non esmorecerá,
nin se dobregará,
polos seus principios,
polos seus finais.

O pobo agoniza
e a vila sofre,
fai xa mais dun século
que a gran cidade morre.


A Loba

De ti aborrezo o xeito
no que falas sempre del,
agora que tamén sofres…

coma nós…

¡aborrézote igual!

Por algo que nunca fixo
ou aquilo que non che dixo,
hoxe, o que ten dentro, ferve.

i eu…

¡aborrézote igual!

Ferve tamén polo seu fillo,
polas fillas e o vello camiño.
Hoxe que me volves á mente…

como non…

¡aborrézote igual!


A serra

Era noite pechada de inverno,
daquelas de moito arrepío,
o ceo cuspía xeada
e o vento ceibaba asubíos.

Eu sentíame soio e choraba,
non sei se de medo ou de frío,
ata os lobos me ouveaban ás costas
i eu nin me movía do sitio.


A teima

Non hai un paso mais
que non queira dar,
ó teu carón, á túa beira…

e quizais non che pida nada
mais hoxe déixame teimar
mentres ollo a túa mirada.

2 comentarios:

eFe

vas ir poñendo os poemas por orde alfabética???

q organizadiño ti pra ser enxeñeiro....
:P


como vai todo?
espero que moi ben

Escritores en ciernes

Ya decía yo que de algo te conocía, Un jardín de flores en vilo (bonito nombre, por cierto) estaba en mi lista de blogs amigos de un blog de hace tiempo. Gracias por tu visita a Escritores en ciernes, a ver si te animas a enviar algo y lo publicamos en este blog tb. Si quieres envía a 10000horas@gmail.com tus textos, serás bienvenido

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles