3/4/10

Carlos Bau

3/4/10

Tiña unha débeda pendente con Carlos Bau, un fantástico cantautor coruñés que hai pouco tempo vén de gañar con total merecemento o premio á mellor canción en galego coa composición"Nada". Non é un galardón calquera é, seguramente, o premio mais importante que pode recibir institucionalmente unha cancion na nosa lingua ano tras ano, entregado pola "Academia de las artes y las ciencias de la música".


A verdade é que da un gusto enorme ver que xente sinxela e traballadora, pero artísticamente profunda e aínda por riba amiga consigue ir cumplindo os seus soños. Alegrámonos todos e de paso aprendemos unha gran lección: non se debe desanimar, hai que confiar nun mesmo, no propio traballo e na desbocada pasión.

Felicidades Carlos!

Que vaia todo ben!




PD: Ollo, que tamén ten o verbo fácil diante dun Teatro Calderon cheo de personalidades e grandes artistas.

1 comentarios:

Carlos Bau

Deixasme moi emcionado e case sen palabras Susiño...
Moitas, moitas e moitas grazas!!!
Unha aperta moi forte.

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles