24/3/11

Fin e gracias

24/3/11
Ó comezar este 2011 contaba con seguir adiante con esta experiencia de ter un blog e escribir nel pero ó ver pasar os meses dinme conta que o remate do 2010 xa marcara por si mesmo o final desta aventura.


Despois de escribir durante uns catro anos doume por satisfeito e penso que se trata dun bo momento de parar e despedirme do Xardín, agora mesmo non sinto que teña nada especial que contar, polo menos nada nun blog personal, non penso que teña tal interese.

Botando a vista atrás vexo como determinados proxectos coninúan sós (www.gaitafilmes.com, ccmeira.blogspot.com), outros están esperando non caer no esquecemento de quen os forman ou continuan lentamente pero sen pausa dándose forma, e outros tantos simplemente rematan sendo solo proxectos, e ilusións houbera sempre! Sen presa, sen prosa e sen pausa, é o momento de deixar correr o mundo, un mundo demasiado veloz pra ter que perseguilo.

Durante todo este tempo estiven encantado con este blog, pero tamén o tempo (o pouco tempo) fixo que non puidera tampouco escribir con máis asiduidade e rigurosidade, e agora que me vexo forzado para escribir debería deixar de lado outras cousas que me ocupan ou facelas a medias e non penso deixar que iso ocorra, porque hai cousas que un tamén foi aprendendo cos anos. Dende aquí vos dou as gracias a todos os que algunha vez vos pasastedes por este recuncho e vos desexo moita sorte na gran rede e en todo o que vos rodea, de seguro que nos seguiremos vendo, nas rúas, nos bares, nas cancións, nas curtas ou nos recordos. Isto remata pero de seguro comezarán novas ideas e ilusións coas que nos iremos atopando tempo adiante.

Sexa como queira
rematei a canción,
xa non busco esmola...

¡son un novo son!


-------------

Permitídeme sólo unha última canción:



Que vaia ben compañeiros. Apertas. :)

3 comentarios:

eFe

boa sorte na viaxe,
espero que nos atopemos no camiño

sinto de veras ter que deixar de perderme neste recuncho

pero nunca, nunca deixes de dar forma ás túas ideas, porque sempre merecerá a pena intentalo

que vaia ben, artista
nos vemos polos bares (ou por entornos máis académicos)

ANDRESGOTEIRA

Cerraremos portas e abriremos outras!! eso é ley desta vidiña... o problema e saber elixir a boa canto antes!! pero tí, sabes, de sobra. E eu estarei cerquiña para velo.

Un exemplo...
Cerramos a porta da Play 2 e abrimos a porta da Play 3... novas emocións!! jiji

Brenda Ladurie Castillo

la irrealidad es la muerte para los vivos

la canción... wow

Buenas letras!

un fuerte saludo!

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles