Como din en Genova, cuna do gran Fabrizio de André, "VU..." para indicar que non entenden certas cousas, pois hoxe somos os Bluesomes os que non entendemos algunhas cousas.
.
Cóntovos, resulta que hoxe me chamaron da Radio Galega do programa Estamos en Crise, concretamente Edu Lavandeira (o cal me parece un gran comunicador e do que non teño ningunha queixa) para decirnos que somos finalistas do "A pola ghiña" ese concurso paralelo (ou para lelos) que o "iluminado" Nonito Pereira utiliza para... nada!!... mais que mostrarnos un pouco de verborrea verbal, bastante prepotencia e moita presuntuosidade...
.
En fin que The Bluesomes con Tripigrelos resultamos finalmente gañadores da que é supostamente a peor canción do verán, non é que nos importe o feito ese (por sorte á xente da rua, á xente que nos escoitou gustáronlles ás nosas cancións, que estan feitas con traballo e intentan ser orixinais, de feito os comentarios que nos fan sempre son bos, o cal nos enche de orgulo e nos fai pasar desta patraña), importanos que é incrible como ó ser uns completos deconocidos, ó non ter un solo enchufe podemos ser nominados ó que queiramos, se total ¿¿quen se vai queixar??. Este individuo non tivo maneira de darme un solo motivo en antena de porque nos nominaba, que si o estribillo, que si a turuta... non sei, patético.
.
Pola nosa parte o ano que vén voltaremos con algún dardo envenenado, cunha canción fevervorosa que polo menos lle sirva a algúns para non esquecerse do noso nome e aprender a pronuncialo. Se vos parece podedes escoitar hoxe o programa (comeza a unha creo), en falsísimo directo, claro está que Nonito de noite non traballa (que podemos esperar dun concurso no que hai unha soa persona de xurado), bueno escoitádeo, pode ser divertido...
.
Un saúdo bluesome!



