31/8/09

Xusto e Xan

31/8/09
Xan xura xusto cando Xusto vén,
disque é pra darlle na cachola…
aínda que logo fagan negocios
e bailen a xota saíndo de xoldra.

Xusto xa prendeu os xugos
nos xatos que Xan lle vendeu,
disque este lle xurara a estoutro
que non ia volvelos xunguir…

Xan non sabe que Xusto xuntou
tódalas xestas que deu rozado
cos xatos xunguidos ó carro…

¡Xusto é mais pillabán ca Xan!

¡Lástima!

Xusto xura e a Xan fódelle
que este xure mais ca el,
no pobo din que non carburan
que non teñen xuízo ningún…
xa se sabe que non valen
pra quedaren xuntos estes dous.

0 comentarios:

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles