8/1/10

Allos e cebolas

8/1/10

Onte vin un gandeiro na porta dun pleno…
levaba as maus limpas
de recoller esterco con elas!

Do mesmo xeito un vello cacique…
levaba as maus cochas
de roubarlles ós pobres!

Cadanseu entrou
por unha das portas
e nin se miraron ós ollos.

Xa mo dicía o bo do Sinesio:

“non hai que xuntar allos con cebolas.”

1 comentarios:

Paris Joel

Mmm, eu remataría o poema:- non hai coma xuntar allos con cebolas.-
Gostanme moito os contrastes.
Unha aperta Suso e Feliz Ano.

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles