29/5/09

Concertos

29/5/09
Bueno antes de nada, e xa que imos falar de concertos, decir que onte fun ó concerto de Balakandra, un grupo de San Sadurniño no que toca o baixo o meu amigo Dubi (un Bluesome), é un grupo que mestura moita música, partindo de sons tradicionais galegos e de folk, ainda que por momentos semella que os van buscar á América mais profunda integrando toques de country ou jazzeros, cancións rocanroleras... outras cancións melódicas... foi un grato concerto, moi bo musicalmente, pese a que o sonido non era o máis óptimo. Balakandra naceu como un brote de Saraibas un grupo tradicional e protesta de San Sadurniño que é mítico en toda Galicia dende fai trinta anos, nembargantes é unha cousa distinta, unha banda moi especial formada por rapaces novos e xente mais experimentada que logran deixar impresión ser un grupo compacto, virtuoso e novedoso dentro do folk. Vaia, que se tedes a ocasión de velos non a deixedes pasar.

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Imos ó tema dos concertos do fin de semana:

David Taboada (en formato de trio acústico) en Ferrol, no Pub Carteles o sábado ás 23:30h.

Carlos Bau acompañado de Jose Luis Paz dentro do festival Anduriña de Sada, xunto con moitos musicos mais. Festival: sábado a partir das 16h, Bau ás 19h.

Roberto Sobrado no Café Carlos a partir das 0:00 h. Sábado no Carballiño.

Bo finde a todos!!

3 comentarios:

Carlos Bau

Muchisimas gracias por la publi Suso!!!!
Un abrazote.

Suso López

de nada hombre! si alguien mas tiene concierto este finde que avise que lo edito.

eFe

vaya concierto el de anoche

en cuanto mery me pase las fotos os las paso

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles