10/3/09

Camiño de Santiago

10/3/09
Hola a todos, creo que xa descansei bastante despois dos duros exames (desta volta foron ben, gracias) e é preciso vover á rutina de escribir aquí asiduamente.

Tiña ganas de adicarlle unha entrada ó Camiño de Santiago, pódese decir que son un defensor a ultranza do que isto significa. Tamén sei que hai bastantes detractores, xa sexa polo tema relixioso, pola masificación ou pola carreira na que se convirte por momentos.


Vou expoñer brevemente o meu parecer:

Primeiro de nada direi que, ainda que defensor, nunca tiven tempo suficiente para facer o camiño desde mais lonxe que Sarria o que me coloca coma un simple afeccionado no que a experiencia se refire. A primeira vez que o fixen foi hai 10 anos aproximadamente, de excursión co instituto, teño que dicir que esa camiñata pasou con mais pena que gloria e non me aportou demasiado, sen embargo as dúas seguintes veces supuxeron gratas experiencias en tódolos sentifos.



No 2004 tres amigos (come stai Domenico?) dispuxémonos a camiñar (sempre dende Sarria), xa dende o primeiro día comezamos a coñecer xente (era ano santo), e xa no pavillón no que durmimos ese día polo chan fixemos uns amiguetes caltaláns, día tras día coñecíamos mais e mais xente, o cansancio iba facendo mella, os madrugóns eran cada vez maiores e as risas eran continuas en cada un dos vieiros polos que transitábamos, ó final fixemos unhas amigas de Huesca coas que compartimos ata habitación nos últimos albergues. Ese ano coñecín xente de Cataluña, de Huesca, de Ferrol, de Italia, de Brasil, de Lugo, de Madrid... eses días camiñando foron unha das experiencias mais bonitas que tiven, das mais simples e das mais bonitas, e non me da reparo dicilo, recordo incluso o croques no Pórtico da Gloria, o abrazo ó Apóstolo, en fin... todo, dende as cañas no camiño ata ós momentos de extrema tranquilidade que deron lugar a alguns poemas , dende o aroma dos montes galegos nada mais espertar ata as noites nas que case non nos deixaban entrar albergues por querernos deitar demasiado tarde, dende ese billete de nonseicantos reais que regalou un profesor brasileiro ata a vez que case escacho coa risa ó ver cara de medo de Domenico ó camiñar a carón dunhas vacas por primeira vez na sua vida. Moitos mais recordos teño, e todos excelentes resultaron ser.


No 2008 volvín, por invitación dun dos meus mellores amigos, Juan, volvimos a ir poucos, 5 persoas, das que so coñecia a unha, a experiencia foi semellante á anterior, coa diferencia de que coñecimos menos xente e sen embago coñecín mellor a todos eses rapaces ós que acompañei, moi boa xente todos eles.



Teño recordos preciosos, igual que catro anos antes, de todas as comidas, da vez que case durmimos no medio do monte, do olvido da miña magnifica vara caseira, de novo das cañas no camiño, da chegada ó obradoiro, das conversas intimas e altamente interesantes...

En resumidas contas, para min o Camiño de Santiago é unha cura de desintoxicación de todos os malos momentos acumulados, un remanso de paz, unha experiencia que me resulta sempre enriquecedora, que me fai reflexionar, que me humaniza e me amosa que a humildade está por riba de todo. O camiño de Santiago: un camiño social, deportivo, cultural, relixioso e sanador.

Por todo iso espero repetir sempre que poida, a seguinte idea era facelo coa compañía dunha guitarra (¿algún cantautor se anima?), dende O Cebreiro mais ou menos, ou senón en bici de montaña dende o Roncesvalles. Calquera das dúas opcións consiguen que esboze un soriso.

Saúde camaradas.

PD: Concedéronme a beca Erasmus, o ano próximo falarei dende Genova, marcho con Vero á cidade na que Fabrizio de André e case un Deus. ¡Que nervios, miña nai!

2 comentarios:

ANDRESGOTEIRA

A posdata non me gusta nadiña, está ben que fagas o camiño de santiago e tal pero pirarte un ano... ;(

eFe

Noraboa Susiño!!!!

Que sorte! xa veredes que ben o pasades


ides desfrutar moitísimo!!!!


nunca o fixen
pero sei q é unha desas cousas q farei na vida

o Camiño

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles