15/3/09

Onda Curta

15/3/09
Esta noite poñerán no programa Onda Curta de TVG a curtametraxe "Que lle pasa a Pepe Pistola!!" con comentarios en exclusiva do seu autor Andrés Goteira.

Invito a quen non a vise aínda que esteña atento á galega esta madrugada, o programa é á 1:15 da madrugada.

Contan na sús web:

"Hoxe, domingo, día 15/03/2009

Este domingo "Onda Curta" estrea a curtametraxe Kilo e Tres Cuartos, dirixida e protagonizada por tres rapaces de Ordes: Felipe González, Miguel Calvo e Manuel del Río. Unha historia divertida sobre un atraco perfecto? Os propios realizadores da curta quixeron realizar eles mesmos a reportaxe de presentación e non ten desperdicio. De visión obrigada para veciños de Ordes e comarca.

Outra curta que se estrea no programa do domingo é Que lle pasa a Pepe Pistola!, do realizador de Meira Andrés Goteira. Cunha estética moi peculiar conta a historia de dous irmáns enfrontados polo amor e o éxito. Foi unha das curtametraxes máis valoradas na edición pasada do Curtasnarede.

Por último, a parte musical virá da man dun grupo de Ribadeo Zora Gabbara, que estrea o seu primeiro vídeo musical, "The Honey Waltz"."

Saúdos

2 comentarios:

eFe

se son quen de quedar esperta vereino
pero eu a esas horas estou roque xa

sobre todo estas semanas q traballo mañá e tarde

Carlos Bau

Qué tal todo Suso !!!
Ahí andamos con esta mañanita de lunes,pero menos mal que esta semanita disfrutaremos de un puente bien apañadito para descansar.;-)
Un abrazote.

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles