15/5/09

Bilinguismo

15/5/09
Levo tempo con gana de comentar o meu punto de vista con respecto a este delicado tema, básicamente o meu punto de vista está na defensa do galego como lingua propia de Galicia. A miña postura baséase sobre todo pola necesidade que sinto de recuperar un terreo que xa fai moitos anos lle quitaron ó galego, durante as épocas nas que meus pais e meus avós non podían estudiar nin oficializar nada na súa lingua, na verba que levaban utilizando toda a súa vida, polas imposicións que recibían do goberno.

Podo decir que as circunstancias desencadean a miña forma de pensar. Síntome tradicionalista e galeguista, mais non nacionalista, e creo que debemos consevar ó máximo unha cultura e unha historia que levamos facendo propia dende tempos moi lonxanos, e esa cultura escríbese en galego (¡nunca en lusista!).

Sen embargo a miña postura non é para nada radical, escribo e canto en castelán diariamente, creo que son bilinguista e síntome orgulloso de selo, para min o castelán tamén é unha lingua oficial e tamén a considero a miña lingua. Con tódalas letras. Por iso penso que debemos convivir sen problemas entre todos, sen nungún tipo de imposicións, e isto vai tamén por algunhas modificación que o BNG implantou durante estes anos, non é tan complicado que que se poida falar galego en toda Galicia e que tamén se poida falar castelán; simplemente temos que respetarnos entre todos.

Agora que remato de escribir e sinto que non conseguín explicarme con claridade, de todos modos moitos xa sabedes que o meu punto de vista non é nada extremo e que solo busco poñer o meu gran de area na consevación dunha cultura que disfruto e que me encanta.

Bo finde a todos.

NOTA: Tiven que sacar a foto anterior á edeción debido a que me comentaron que había posibilidades de que foran os propios contramanifestantes quenes levaran eses carteis e eses disfraces, e tampouco quero faltar á verdade.

1 comentarios:

eFe

creo sinceiramente que o bilingüismo non é tan complicado
hai moita xente que o sente e o practica á perfección
o único que é indispensable é o respecto

 
◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates Blogger Styles